TRIATLON BRICOSA
QUÉ É BRICOSA
O Club Tríatlon Bricosa Santiago está integrado por máis de 100 persoas entre deportistas, directivos, técnicos e colaboradores, a maior parte deles composteláns pero tamén doutros puntos da xeografía galega como Lalín, Negreira, Betanzos, etc.Os seus obxectivos son a formación de triatletas nas categorías inferiores e o impulso de posibles talentos na elite galega e internacional dos que se nutre a selección galega regularmente.
Tamén desenvolve unha importante función organizadora de competicións de Tríatlon, Dúatlon e Acuatlón tanto a nivel da elite galega como de promoción escolar. Actualmente busca a continuación dos seus bos resultados deportivos, a confirmación da escola de tríatlon e o perfeccionamento do seu labor organizativo do que xa destaca a organización dun Campionato de España de Dúatlon por Autonomías en Santiago no ano 2006.
QUÉ É O TRÍATLON
O Tríatlon é un deporte combinado e de resistencia nacido na década dos setenta e con categoría olímpica desde Sydney 2000 no que os participantes realizan tres probas. Estas son: natación, ciclismo e carreira a pé. O órden é o sinalado e o cronómetro non se para durante todo o tempo que dure a competición. Na proba de ciclismo está permitido ir a roda, o que é coñecido como "drafting". Outras modalidades recoñecidas pola ITU (Federación Internacional de Tríatlon) son: Dúatlon (deporte no que os participantes realizan dúas probas en tres segmentos no órden seguinte: carreira a pé, ciclismo, carreira a pé), Ácuatlon (deporte no que os participantes realizan dúas probas en tres segmentos no órden seguinte: carreira a pé, natación, carreira a pé).
HISTÓRIA DO CLUBE
O xermolo do actual Club Tríatlon Bricosa Pedras de Santiago nace xa en 1995 no seo do Club Natación Santiago, da man do seu adestrador César Varela (entrenador superior de tríatlon e natación) e varios pais de rapaces practicantes da natación, ciclismo e carreira a pe. Nos inicios o nº de rapaces era pequeno pero algún deles xa destacaba de forma salientable, deixando entrever o que nun futuro chegaría a ser campeón do mundo: Iván Raña. César Varela realizaba o seu labor na piscina municipal de Sta. Isabel, moitas veces con recursos limitados e empleando esforzos persoais tanto materiais coma humanos para que estes rapaces desenvolvesen a súa formación coma triatletas.
Patrocinador principal
Patrocinadores principales Inforhouse Arcade Consultores
Colaboradores
Colaboradores